12 abr 2012

Se queres subir nota... ¡Buscamos narradores!



Se che apetece subir a nota na materia de música, tedes que saber que musicarreira.blogspot.com está buscando alumnado do CEP de Carreira que queiran participar como narradores para a elaboración dunhas audioguías que poidan ser descargadas dende o noso blogue.
Aqueles que se presenten participarán na producción dunhas pequenas guías turísticas sobre o noso contorno natural e cultural e poderán optar a subir ata 0,5 puntos na nota do exame.

Se queredes participar no casting para este equipo (que será formado por entre 3 e 5 membros) e estudas no CEP de Carreira, só tedes que enviar un correo electrónico a "cepcarreira@gmail.com" poñendo no asunto "Audioguía" e indicando, no corpo da mensaxe: o teu nome e curso.

1 comentario: