O vindeiro 29 de abril celébrase o Día Internacional da Danza. A Música e a Danza son disciplinas totalmente unidas pois: a música que se fai para bailar, os ballets e por este motivo Musicarreira anima a todo o alumnado de 5º e 6º que queira subir ata 0,5 puntos na nota do exame poderán entregar un traballo sobre: Algún compositor de Ballet e un Ballet en concreto.
Os traballos deberán seguir as seguintes premisas:
- Nome do compositor elixido e un breve resumo da súa biografía coas súas obras de danza.
- Escolle un Ballet dese compositor e escribe un breve resumo da historia que representa.
- Unha ligazón de Youtube, Vimeo... ou outro tipo de vídeo onde se poida ver un cacho do Ballet elixido.
- A bibliografía empregada (listaxe de obras, libros, enciclopedias, diccionarios, páxinas web... que empregaches para conseguir a información para este traballo)
- O traballo deberá ser entregado en papel.
- Mínimo de 2 folios.
- O traballo non pode ser copia de ningún outro e debe estar elaborado por vós.
- O traballo deberá estar escrito en galego e seguir a seguinte estrutura:
Título do traballo
Compositor e a súa biografía
Ballet elixido, resumo da súa historia e ligazón de Youtube
Bibliografía empregada
No hay comentarios:
Publicar un comentario