O vindeiro 16 de abril celébrase o Día Internacional da Voz. A nosa voz é o máis perfecto e polivalente instrumento e por este motivo Musicareira anima a todo o alumnado de 5º e 6º que queira subir ata 0,5 puntos na nota do exame a que entregue un traballo sobre: Un/unha cantante.
Os traballos deberán seguir as seguintes premisas:
- Nome do/a cantante elixido/a e un resumo da súa biografía coas súas obras ou discos máis emblemáticos.
- Un breve comentario sobre se che gusta a súa música en xeral (ou unha peza en concreto) intentando explicar o por qué.
- Unha ligazón de Youtube, Vimeo... ou outro tipo de vídeo onde se poida ver algunha obra.
- A bibliografía empregada (listaxe de obras, libros, enciclopedias, diccionarios, páxinas web... que empregaches para conseguir a información para este traballo)
- O traballo deberá ser entregado en papel.
- Mínimo de 1 folios (dúas páxinas).
- O traballo non pode ser copia de ningún outro e debe estar elaborado por vós.
- O traballo deberá estar escrito en galego e seguir a seguinte estrutura:
Título do traballo
Cantante e a súa biografía
Algúnha ligazón de Youtube
Bibliografía empregada
Para calquera dúbida podedes consultar a través do correo electrónico cepcarreira@gmail.com ou ben falando directamente co mestre de música.
Vou a intentar facer un, a ver que sale.Vouno a facer de... bueno mellor non volo digo, así o noso profe queda coa intriga.
ResponderEliminar