18 abr 2013

¿Que che apetece subir nota?... ¡Fai un traballo!



O vindeiro 16 de abril celébrase o Día Internacional da Voz. A nosa voz é o máis perfecto e polivalente instrumento e por este motivo Musicareira anima a todo o alumnado de 5º e 6º que queira subir ata 0,5 puntos na nota do exame a que entregue un traballo sobre: Un/unha cantante.

Os traballos deberán seguir as seguintes premisas:


  1. Nome do/a cantante elixido/a e un resumo da súa biografía coas súas obras ou discos máis emblemáticos.
  2. Un breve comentario sobre se che gusta a súa música en xeral (ou unha peza en concreto) intentando explicar o por qué.
  3. Unha ligazón de Youtube, Vimeo... ou outro tipo de vídeo onde se poida ver algunha obra.
  4. A bibliografía empregada (listaxe de obras, libros, enciclopedias, diccionarios, páxinas web... que empregaches para conseguir a información para este traballo)
  5. O traballo deberá ser entregado en papel.
  6. Mínimo de 1 folios (dúas páxinas).
  7. O traballo non pode ser copia de ningún outro e debe estar elaborado por vós.
  8. O traballo deberá estar escrito en galego e seguir a seguinte estrutura:

Título do traballo
Cantante e a súa biografía
Algúnha ligazón de Youtube
Bibliografía empregada

Para calquera dúbida podedes consultar a través do correo electrónico cepcarreira@gmail.com ou ben falando directamente co mestre de música.

1 comentario:

  1. Vou a intentar facer un, a ver que sale.Vouno a facer de... bueno mellor non volo digo, así o noso profe queda coa intriga.

    ResponderEliminar