21 mar 2013

¿Que che apetece subir nota?... ¡Fai un traballo!




A finais de febreiro ou principios de marzo celébrase a gala de entrega dos premios OSCAR. Este fou o primeiro lugar onde se lle empezou a dar recoñecemento á música no cine e a todo o que significa son no cine; indispensble para poder disfrutar dun bo filme ou para facer que este poida comunicar algo. Por este motivo Musicarreira anima a todo o alumnado de 5º e 6º que queira subir ata 0,5 puntos na nota do exame poderán entregar un traballo sobre: Algún compositor música para cine.
Os traballos deberán seguir as seguintes premisas:


  1. Nome do compositor elixido e un breve resumo da súa biografía coas súas obras.
  2. Unha ligazón de Youtube, Vimeo... ou outro tipo de vídeo onde se poida ver un cacho dalgunha das súas obras.
  3. A bibliografía empregada (listaxe de obras, libros, enciclopedias, diccionarios, páxinas web... que empregaches para conseguir a información para este traballo)
  4. O traballo deberá ser entregado en papel.
  5. Mínimo de 2 folios.
  6. O traballo non pode ser copia de ningún outro e debe estar elaborado por vós.
  7. O traballo deberá estar escrito en galego e seguir a seguinte estrutura:

Título do traballo
Compositor e a súa biografía
Algunha ligazón de Youtube
Bibliografía empregada

Para calquera dúbida podedes consultar a través do correo electrónico cepcarreira@gmail.com ou ben falando directamente co mestre de música.

No hay comentarios:

Publicar un comentario