O vindeiro 21 de xuño celébrase o Día Internacional da Música. A Música é un dos mellores complementos á nosa vida persoal e social e por este motivo Musicarreira anima a todo o alumnado de 5º e 6º que queira subir ata 0,5 puntos na nota do exame poderán entregar un traballo sobre: Algún compositor clásico.
Os traballos deberán seguir as seguintes premisas:
- Nome do compositor elixido e un resumo da súa biografía coas súas obras máis emblemáticas.
- Un breve comentario sobre se che gusta a súa música en xeral (ou unha peza en concreto) intentando explicar o por qué.
- Unha ligazón de Youtube, Vimeo... ou outro tipo de vídeo onde se poida ver algunha obra.
- A bibliografía empregada (listaxe de obras, libros, enciclopedias, diccionarios, páxinas web... que empregaches para conseguir a información para este traballo)
- O traballo deberá ser entregado en papel.
- Mínimo de 1 folios (dúas páxinas).
- O traballo non pode ser copia de ningún outro e debe estar elaborado por vós.
- O traballo deberá estar escrito en galego e seguir a seguinte estrutura:
Título do traballo
Compositor e a súa biografía
Algúnha ligazón de Youtube
Bibliografía empregada
Para calquera dúbida podedes consultar a través do correo electrónico cepcarreira@gmail.com ou ben falando directamente co mestre de música.
No hay comentarios:
Publicar un comentario