25 abr 2013

Un día coma hoxe, 25 de abril...


Un día coma hoxe, 25 de abril de 1917, nace... Ella Fitzgerald.

Coñecida tamén como Lady Ella, comezou no mundo da música da man do músico de Jazz Benny Carter que, cando asistía a un concurso de baile amateur en Harlem viu como unha rapaza saltaba a pista e, bloqueada polos nervios, comezou a cantar dun xeito espectacular. A partir de ese momento nacería a lenda dunha das máis grandes cantantes de Jazz da historia.

A continuación podedes escoitar algunha pera desta dama do jazz:




No hay comentarios:

Publicar un comentario