18 sept 2012

¿Que che apetece subir a nota de música?... ¡Fai un traballo!



O vindeiro 29 de maio celébrase o Día Internacional da Ópera. A ópera non deixa de ser unha mestura de obra de teatro con música que dende fai centos de anos se veu cultivada por multitude de compositores para o lecer do público en xera. Musicarreira anima a todo o alumnado de 5º e 6º que queira subir ata 0,5 puntos na nota do exame a entregar un traballo sobre: Algún compositor de Ópera e unha Ópera en concreto.
Os traballos deberán seguir as seguintes premisas:


  1. Nome do compositor elixido e un breve resumo da súa biografía coas súas obras de ópera.
  2. Escolle unha Ópera dese compositor e escribe un breve resumo da historia que representa.
  3. Unha ligazón de Youtube, Vimeo... ou outro tipo de vídeo onde se poida ver un cacho do Ballet elixido.
  4. A bibliografía empregada (listaxe de obras, libros, enciclopedias, diccionarios, páxinas web... que empregaches para conseguir a información para este traballo)
  5. O traballo deberá ser entregado en papel.
  6. Mínimo de 2 folios.
  7. O traballo non pode ser copia de ningún outro e debe estar elaborado por vós. Tampouco poderá tratar ningunha Ópera traballada na clase.
  8. O traballo deberá estar escrito en galego e seguir a seguinte estrutura:
Título do traballo
Compositor e a súa biografía
Ópera elixida, resumo da súa historia e ligazón de Youtube
Bibliografía empregada
Para calquera dúbida podedes consultar a través do correo electrónico cepcarreira@gmail.com ou ben falando directamente co mestre de música.

No hay comentarios:

Publicar un comentario