29 mar 2012

Un día coma hoxe... 29 de marzo

Un día coma hoxe, 29 de marzo de 1982, falece o compositor, investigador e pedagogo musical alemán: Carl Orff.


Ademais de ser tremendamente coñecido pola súa recuperación e orquestración do antigo manuscrito "Carmina Burana", Carl Orff deixou para a historia da educación musical os denominados "Instrumentos Orff": metalófonos, xilófonos, pequena percusión...



Orff non foi o inventor deste tipo de instrumentos, simplemente atopou que a cultura balinesa empregaba uns instrumentos de percusión característicos (galelán) e conseguiu adaptalos á nosa música para poder empregalos nas escolas de hoxe en día.

Podes escoitar algo do gamelán balinés no seguinte vídeo de Youtube:



A continuación podes, tamén, escoitar uns fragmentos do famosísimo "Carmina Burana" de Carl Orff:




No hay comentarios:

Publicar un comentario