Un día coma hoxe, 12 de decembro... do ano 1915, nace Frank Sinatra.
Este cantante e actor de cine descendente de inmigrantes italianos nacido en Hoboken (Estados Unidos) está considerado unha das figuras máis importantes da música lixeira do século XX.
Salpicado de escándalos durante a súa vida (relacións sentimentais, trato con membros da mafia, excesos...) e comezando a súa carreira artística nun concurso de xoves promesas chegou a acadar as cotas máis altas de popularidade cun repertorio de cancións compostas por varios dos compositores jazzísticos americanos máis importantes da época.
A continuación podedes escoitar algunha das súas cancións:
Un crack. O tema que máis me gusta del é a súa versión de My Way!!
ResponderEliminarExcelente!