Un día coma hoxe, 28 de novembro... do ano 1632, nace o compositor Jean-Baptiste Lully.
Este compositor barroco nace en Florencia (Italia) e trasládase a Francia para entrar a traballar baixo as ordes do rei Luís XIV (O Rei Sol) a partir dos 20 anos como bailarín e violinista. Posteriormente foi escalando na súa carreira profesional ata acadar os cargos de Director de Cámara e Secretario do Rei.
Unha das súas obras máis transcendentes é o "Le Bourgeois Gentilhomme" que podedes escoitar a continuación:
Nota: Jean-Baptiste Lully, aos 55 anos, durante a dirección dun concerto golpeouse na súa deda gorda do pé co bastón de dirección (bastón pesado que se empregaba naqueles tempos para dirixir a orquestra) motivo polo que pillou unha gangrena que o fixo enfermar e posteriormente morrer.
Que curioso, cantas cousiñas apredemos os pais tamén con esta Web, tan fantástica.
ResponderEliminar