O CEP de Carreira puxo en marcha a nova Aula Virtual.
Xa está a disposición de todos o primeiro dos temas que se subirá dende a área de Educación Musical: O SON.
Para acceder só tedes que ir á nosa páxina web, tecleando a dirección "http://www.edu.xunta.es/centros/cepcarreira" ou introducindo as palabras "CEP Carreira" en calquera buscador (Google, Bing, Yahoo...) e despois entrar na aula virtual.
A medida que vaia avanzando o curso iredes atopando novos temas para traballar nesta aula: teoría da música, historia, instrumentos...
Agardamos que vos guste e que aprendades moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario